Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Solicitar un ISNI

Como podo conseguir un ISNI?

Escribindo ao enderezo isni@bne.es

Que é necesario para obter un ISNI?

As identidades públicas identifícanse cos seguintes elementos de metadatos:

  • Nome da identidade pública.
  • Data e lugar de nacemento e/ou falecemento (ou rexistro e disolución no caso de entidades legais).
  • Categorías e funcións de acordo coa definición da RA. As categorías definen o repertorio (tales como musical, audiovisual, textual) e a función, que pode ser autor, intérprete, editor, ilustrador, etc.
  • Título de referencia dunha creación.
  • Nome dunha persoa e/ou institución coa que estea relacionado (universidade, editorial, etc.).
  • Un URI (ou URL) que proporciona un enlace para máis información acerca da identidade.